EMPRESA CONSTRUCTORA HISPANO CATALANA, S.A. constituíuse no ano 1985 en Barcelona, a partir da empresa OBRAS Y CONSTRUCCIONES J.BOSCH, S.A.

É unha sociedade que nace cunha marcada tradición familiar no sector, xa que, desde comezos do século XX, a construción en xeral foi a principal actividade da familia, dentro da que cabe salientar, entre outros aspectos, a realización de vivendas de alto nivel.

Co tempo fomos ampliando as nosas áreas de actuación, adaptándonos ás novas necesidades do mercado. Actualmente, dedicámonos á construción, á rehabilitación e á restauración de todo tipo de vivendas e locais comerciais. Contamos cunha ampla experiencia no sector de servizos e no de entidades de crédito e financeiras, nos que nos especializamos, xa que estas obras, polas súas peculiaridades, requiren uns coñecementos especiais e un coidado control na súa execución.

Dispomos dun equipo humano cualificado, coidamos os detalles e colaboramos coas direccións facultativas e cos nosos clientes para atopar as solucións máis axeitadas en cada caso. Somos fieis á nosa filosofía de traballo: conseguir o máximo de eficacia e de calidade construtiva desde o inicio ata a entrega final da obra.

Entidades moi recoñecidas confiaron en nós todos estes anos e adxudicáronnos os seus encargos, avalando así o noso sistema e a nosa maneira de entender o traballo.

EMPRESA CONSTRUCTORA HISPANO CATALANA, S.A.  C/ Clos de Sant Francesc, 2 08034 Barcelona • Teléfono 932 035 282 · Fax 932 055 315 • hc@hispanocatalana.cat
diseño: www.cel-lula.com , web: www.segundoseis.com